O parque natural de Corrubedo celebra o seu aniversario no Día do Medio Ambiente

05 Xuño 2020

O parque natural de Corrubedo cumpre 28 anos e o celebra cun programa que persegue promovelos atractivos naturais da zona, un aniversario que coincide co Día do Medio Ambiente e o Día Mundial dos Océanos, o luns. Entre as propostas figuran roteiros guiados polo parque. Haberá camiñadas practicamente a diario e os interesados en sumarse a elas teñen que inscribirse previamente no centro de recepción de visitantes ou chamando ao teléfono 981 878 532. O horario de apertura deste recinto é de martes a domingo, de 10.30 a 14.00 e entre as 16.00 e as 19.30 horas.

Este venres hai programada un roteiro especial, que levará aos participantes ata a zona do río, onde terán a posibilidade de participar na procura de orquídeas. E o domingo levará a cabo outro percorrido baixo o título “Internareal, máis que area e mar”. Tamén para sumarse a estas camiñadas guiadas é imprescindible anotarse previamente no centro de recepción de visitantes do parque.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.