O Goberno galego colaborará cos concellos pequenos e medianos na loita contra a COVID nas praias

04 Xuño 2020

O Goberno galego e os concellos colaborarán arreo para garantir a seguridade sanitaria nas praias fronte á COVID-19. Así o deu a coñecer este xoves na Illa de Arousa o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que dixo que o apoio da Administración autonómica ás entidades locais collerá corpo no co-financiamento de persoal para garantir a vixilancia e a limpeza nos areais e de elementos para sinalizar, balizar e desinfectar as praias e as súas instalacións comúns.

Así o destacou esta mañá na praia do Carreirón da Illa de Arousa, onde estivo acompañado pola directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde Carlos Iglesias.

Segundo explicou o vicepresidente, a Administración autonómica colaborará a través de acordos con pequenos e medianos concellos co obxectivo de reforzar o persoal para “colaborar cos efectivos de socorrismo que xa teñen unhas tarefas concretas que deben seguir realizando”.

Con esta “medida complementaria”, sinalou Rueda, contribuírase a contar con máis persoal que colabore en actuacións de organización e vixilancia de accesos, control de aforamentos ou da permanencia nos areais, así como traballos de limpeza.

Ademais, engadiu que poderase colaborar na adquisición de medios para a limpeza das praias e das súas instalacións comúns ou da recollida de residuos “que supoñen un gasto adicional cos condicionantes actuais debido ao coronavirus” como “elementos de sinalización, balizamento ou material de limpeza e desinfección”.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.