O edificio da UAD de Ribeira será acondicionado e a súa envolvente exterior mellorada

04 Xuño 2020

O Concello de Ribeira informa da aprobación hoxe en xunta de goberno local das obras de acondicionamento funcional e mellora da envolvente exterior do edificio da UAD.
Esta actuación, que conta cun orzamento de licitación de 420.000 euros, IVE incluído, está subvencionada mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Ribeira para o acceso ao fondo de cooperación para o apoio e financiamento de actuacións e rehabilitación e conservación de patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.


A edificación existente ten unha antigüidade de corenta anos (1978-1980) e aínda que o seu estado de conservación é aceptable, precisa dunha posta a punto no referente á envolvente térmica.
Segundo o proxecto técnico redactado polo arquitecto municipal, a obra consta das seguintes accións:
 Cuberta: substitución por outra con tella cerámica ademais de illamento térmico baixo a cuberta.
 Fachada: reparación de patoloxías nos balcóns e aleiros existentes, a base dun tratamento e de reparación de gretas;
así como o revestimento exterior cun sistema SATE en toda a fachada para a mellora das condicións térmicas do edificio.
 Carpintería exterior: substitución por unha nova carpintería de aluminio.
 Implantación dun ascensor panorámico e reforma e ampliación do hall de entrada.
O prazo de execución é de catro meses.

Outros artigos

A viaxe de Verne cobra vida no Museo do Gravado de Artes

O Museo do Gravado de Artes inaugura unha nova exposición dedicada a Jules Verne. Viaxe ao centro da terra, da man das ilustracións de Ignacio Hernández Suñer, coñecido como Íñigo. A mostra, que poderá visitarse ata principios de agosto, forma parte da...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.