O Depor Campus de Boiro terá un aforamento limitado de 60 persoas e achegará as máis estritas medidas de seguridade

25 Xuño 2020

O Concello de Boiro, xunto coa Fundación Deportivo, e a colaboración de entidades locais, presentaron este xoves 25 a edición boirense do Depor Campus, que se vai celebrar nas instalacións do Campo de Fútbol de Valiño e, a nivel galego, nunha ducia de concellos máis. A edición boirense desenvolverase entre os días 20 e 24 de xullo, cun aforamento limitado de 60 rapaces e rapazas (co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria dos participantes).

Á presentación asistiron o tenente de alcalde, Luís Ruíz, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, o coordinador de fútbol base do RC Deportivo da Coruña, Pablo Barros, o directivo da EFM, Julio García, e Janvi Cameán, coordinador da EFM.

Segundo fixeron saber, na edición deste ano “vaise seguir un protocolo moi estrito de seguridade e hixiene, coidando que se usen máscaras de protección para o acceso ás instalacións, uso de xeles hidroalcólicos e adaptación dos grupos e actividades”.

O Concello fixo saber que esta actividade serve como “unha xornada de convivencia para os nenos e nenas da comarca e tamén para os adultos e directivos dos clubes que os acompañan”.

No punto de mira está avanzar en “tecnificación deportiva con adestradores de primeiro nivel” e máis impulsar os valores que transmite o deporte.

As inscricións para o Depor Campus de Boiro están xa abertas e poden facerse na web de www.deporcampus.rcdeportivo.es até o vindeiro 16 de xullo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.