O Concello de Ribeira lanza outro paquete de cursos en liña con 400 prazas de balde

12 Xuño 2020

O Concello de Ribeira informa de que o luns 15 de xuño abrirá o prazo para un novo paquete de cursos online gratuítos integrados dentro do Plan Ribeira Academy. Desta vez, serán un total de 400 as prazas dispoñíbeis. As actividades formativas están dirixidas de xeito específico a “persoas autónomas, que perderan o seu emprego durante o Estado de Alarma ou estean suxeitas a un expediente de regulación de emprego”. O obxectivo é axudalas a que poidan mellorar a súa empregabilidade. Ademais de pertencer aos colectivos antes descritos, cómpre que os participantes estean empadroados en Ribeira e teñan unha idade mínima de 16 anos.

O alumnado terá a súa disposición unha completa oferta de 500 cursos pertencentes a once áreas: comercio e marketing, edificación e obra civil, administración e xestión, hostalería e turismo, seguridade e medio ambiente, informática e comunicacións, prevención de riscos laborais, sanidade, idiomas, servizos socioculturais e á comunidade, e artes gráficas.

O número de máximo de cursos nos que unha persoa se pode anotar son dous. As inscricións terán lugar a través da web de Ribeira Academy, a partir do 15 de xuño e ata cubrir prazas. Asignaranse por orde de inscrición. As persoas que finalicen a formación con resultado positivo recibirán un diploma acreditativo.

Ampliación do mercadiño

O Concello tamén deu conta dunha nova ampliación do mercadiño municipal que se fará efectiva dende este sábado 13 de xuño. Así, ademais da totalidade dos postos agroalimentarios, a explanada portuaria do Malecón contará tamén coa metade dos postos do sector téxtil, correspondentes aos números pares, mentres que os impares acudirán o vindeiro sábado. Deste xeito, os operadores pertencentes a este ramo farán quendas co obxectivo de “garantir as oportunas distancias de separación e o resto de medidas preventivas recollidas nos protocolos”.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.