O Concello de Rianxo pon a disposición da cidadanía unha manchea de cursos en liña sobre informática, saúde e turismo

25 Xuño 2020

O Concello de Rianxo vai envorcar esforzos en ofrecer formación e empregabilidade para axudar á cidadanía a afrontar algunhas das principais consecuencias da pandemia. Trátase dun completo programa de cursos online de balde cos que se quere, tamén, impulsar o coñecemento tecnolóxico e dixital entre a veciñanza, un factor primordial para superar adversidades como a emerxencia sanitaria que vivimos a partir deste mes de marzo.

En total, o Concello achega 200 prazas e case dúas ducias de actividades formativas, algunhas delas claramente tecnolóxicas (Curso de xestor de comunidades online; Curso de xestión de vendas, mercadotecnia directa e utilización das redes sociais na xestión comercial; Curso de seguridade informática e sinatura dixital; Curso de desenvolvemento web para o comercio electrónico; Curso de trámites en liña coa administración, Curso sobre creación, programación, e deseño de páxinas web con HTML5 e CSS3, Curso de xestión da seguridade informática na empresa, etc) e outras envorcadas nos coidados e na saúde (Curso de actividades acuáticas para bebés, Curso de nutrición e dietética, Curso de elaboración e conservación de alimentos, etc).

Tamén hai actividades para converternos en expertos na xestión de residuos, na xestión turística innovadora (a través da plataforma Amadeus) ou na prevención de riscos laborais. Igualmente, favorecerase a alfabetización dixital básica cun curso de iniciación ás TIC.

As persoas que soliciten a participación no programa de formación deben ser maiores de 16 anos, estar empadroadas no termo municipal e dispor de equipamento para a conexión á plataforma en liña (un PC con calquera sistema operativo, tableta ou móbil, e conexión á Internet) ademais de ter competencias dixitais básicas.

O prazo de inscrición iníciase o 1 de xullo até completar as 200 prazas por orde de solicitude. O alumnado admitido disporá de tres meses para completar os cursos solicitados.

A inscrición realizarase de forma preferentemente telemática na Sede Electrónica do Concello de Rianxo, ​​​ou, de non ser posíbel, no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo emprazado no número 1 da praza Castelao.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xustiza, traballo e salario”. Luís Celeiro

“Xustiza, traballo e salario”. Luís Celeiro

Segundo os datos achegados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), as persoasocupadas (traballadoras) en 2024 superaron os vinte e un millóns, unha cifra que sepensaba inalcanzable, pero que aí está, para darlle lustre á acción dos responsables de crearemprego....

“In Memoriam. Jesús Pérez Varela”. Alberto Barciela

“In Memoriam. Jesús Pérez Varela”. Alberto Barciela

IN MEMORIAM. JESÚS PÉREZ VARELA (Redondela, 19 de abril de 1949-Santiago de Compostela, 16 de enero de 2025) Por esas raras cosas contingentes de la vida, caprichosas, inexplicables, también por su enfermedad y aislamiento escogido, nos hemos privado durante años de...