O Concello de Rianxo contratará persoal para o arranxo e mantemento dos servizos municipais

09 Xuño 2020

O Concello de Rianxo anunciou esta semana que vai presentar ofertas laborais no Servizo Público de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro, con vistas á contratación do persoal necesario para o Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais, anualidade 2020. Este programa da Deputación da Coruña ten o obxectivo de fomentar o emprego nos concellos mediante a contratación de persoal en situación de exclusión. O obxectivo é cubrir a prestación dos servizos mínimos municipais e a execución de pequenas obras de arranxo e mantemento de infraestruturas.

As categorías para as que o Concello de Rianxo vai presentar a oferta son: oficial 1a albanel (1), condutor-a (1), peón albanel (1) e peón de aglomerado (1). Respecto das bases da convocatoria, pódense consultar xa nun documento en liña habilitado polo Goberno local na súa web, onde se fai saber que as persoas que se contraten deberán estar incluídas nalgunha das seguintes categorías: mulleres (ao ter un diferencial de índice de paro superior ao dos homes), maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas con discapacidades, persoas en situación de drogodependencia, persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña un emprego, persoas con fogar monoparental, persoas con problemas para topar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais, persoas vítimas de violencia de xénero e persoas sen fogar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.