O Concello de Boiro retoma as clases para adultos

02 Xuño 2020

Exterior da Casa da Cultura do Concello de Boiro

O Concello de Boiro retomou este luns as clases para a obtención do título de educación secundaria para persoas adultas, que se viron suspendidas polo Estado de Alarma. As aulas vanse impartir de xeito presencial, en grupos de 10 persoas e, segundo informou o Concello, tendo en conta todas as medidas de seguridade e hixiene pautadas polas autoridades sanitarias.

Os exames, que estaba previsto que se celebrasen o 12 de xuño, adíanse para o día 19. Porén, o Goberno local explica que “aínda está por determinar si van ser telemáticos ou presenciais”, e que este punto será decisión da Consellería de Educación. No caso de que as probas non sexan online realizaranse na Casa da Cultura, igual que en anteriores ocasións, en horario de 9.30 a 14.00 horas.

Para calquera dúbida ou consulta, as persoas interesadas poden dirixir un correo ao enderezo educacion@boiro.gal ou ben chamar ao número de teléfono 981 84 84 25.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.