O Concello de Boiro participou na asemblea xeral do Fondo Galego de Cooperación

30 Xuño 2020

O Concello de Boiro participou na mañá deste martes 30 de xuño na asemblea xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Na sesión abordáronse as iniciativas que se van desenvolver para minimizar o risco sanitario derivado da COVID19. Os asistentes, entre eles o persoal do departamento de Servizos Sociais de Boiro, aprobaron as Liñas Estratéxicas 2020-2030 e o Plan de Actividades 2020 do devandito fondo. As iniciativas incluídas son froito dun intenso traballo previo de actualización, aliñando o programa ao novo contexto xerado pola pandemia, tanto para as accións previstas para as nosas catro provincias como para as que poñen o foco nos países do sur.

Segundo informou o Concello de Boiro, o devandito traduciuse, por exemplo, na cancelación de todas as actividades que implicasen viaxes internacionais e en intensificar a implementación da Axenda 2030 nas administracións locais con iniciativas como a elaboración de plans municipais.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 98 concellos, entre os que está o de Boiro e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.