O BNG de Boiro fai unha proclama de urxencia a prol do comercio local

18 Xuño 2020

Raquel Suárez, responsábel do BNG de Boiro

O Bloque Nacionalista de Boiro vén de emitir un comunicado no que convida á veciñanza a apostar de cheo polo comercio do termo municipal, os establecementos de proximidade, que son, con diferenza, segundo advirte a agrupación, os que máis precisan o apoio da cidadanía e de cuxa “saúde” depende a recuperación económica e social dos concellos.

“Desde o BNG somos conscientes da importancia de mercar nos comercios de proximidade”, explica a agrupación, engadindo que incentivar os investimentos locais forma parte dos seus obxectivos base, cousa que se ten materializado en campañas de concienciación “nas que insistimos no que ten de positivo para a economía do noso pobo que as compras se fagan nos establecementos boirenses e, na medida do posíbel, consumo de produtos galegos”. O BNG lembra que este compromiso polo local debe estar máis vixente que nunca, coa “crise sanitaria pola que vimos de pasar”, unha situación que creou desemprego e que fixo que moitas persoas autónomas e pemes sufriran importantes perdas económicas.

O BNG de Boiro considera que “é necesario un chamamento para insistir na necesidade de que as compras se realicen no comercio de proximidade para que así, a economía reverta no noso pobo e consecuentemente, axudar a todos os sectores que viron minguada a súa economía durante a crise da COVID-19”.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.