O 1 de xullo abrirán os locais de ocio nocturno e verbenas

26 Xuño 2020

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, presentaron hoxe o protocolo coas medidas de seguridade e limitacións de aforo que deberán seguir os locais de ocio nocturno, as verbenas e as festas populares a partir do 1 de xullo, cando retomarán a súa actividade que leva paralizada desde o inicio do Estado de Alarma en marzo.

O protocolo foi elaborado por expertos sanitarios e é tamén froito do diálogo e de numerosas reunións cos representantes destes sectores, que mostraron o seu compromiso con facer cumprir as medidas e recomendacións recollidas no documento.

Trátase dun protocolo gradual e reversible, no caso de que se detectaran brotes ou incumprimento das medidas. “As garantías sanitarias son o primeiro que se ten que observar”, salientou o vicepresidente.

A reanudación destas actividades articúlase en dúas fases. A primeira durará todo o mes de xullo e se regulará en base as medidas incluídas no protocolo presentado hoxe. A segunda fase comezará a partir do 31 de xullo e poderá supoñer unha ampliación do aforo, se a evolución epidemiolóxica e o cumprimento das medidas durante a fase un así o aconsellan. En calquera caso, aínda que se poidan avaliar a ampliación de aforos, na segunda fase manteranse as restantes medidas de seguridade e prevención fixadas no protocolo.

O Protocolo establece que tanto locais nocturnos, como verbenas ou festas populares, deberán seguir as medidas xerais de prevención ante a covid-19. Isto é, mantemento de distancia interpersoal, uso de equipos de protección, hixiene e desinfección, ou ventilación.

Locais de ocio nocturno

Xa máis polo miúdo, e no que se refire aos locais de ocio nocturno, o seu interior estará limitado a un aforo de dous terzos, isto é, por debaixo do 75 por cento que está fixado para os locais de hostalería a restauración. As terrazas, que xa poden abrir actualmente, terán o aforo limitado ao 80% como o resto de terrazas. E as pistas de baile estarán limitadas ao 50% da súa ocupación.

O uso da máscara será obrigatorio dentro do local e haberá un sistema de rexistro para poder localizar aos clientes no hipotético caso de que se detectase un positivo. Este sistema de rexistro será obrigatorio en todos os locais, pero a cesión de datos por parte do cliente será voluntaria. Os datos empregaranse só para o ámbito sanitario, e non poderán usarse para fins comerciais. Neste sentido, o vicepresidente apelou á responsabilidade individual dos clientes e recordou que os datos “pídense no seu interese”.

Verbenas e atraccións de feiras

No caso da verbenas, o aforo calcularase cunha persoa por cada tres metros cadrados e haberá fixados aforos máximos. Nos espazos de 8.000 metros cadrados ou menos, o máximo serán 1.000 persoas; no caso de ter unha superficie superior, o máximo serán 2.000 persoas. Para poder facer cumprir estes aforos, será preciso que a zona do evento estea delimitada. Deberá tamén un punto de entrada e de saída diferenciados.

O escenario deberá estar a, polo menos, catro metros de distancia do público; e tanto os compoñentes das orquestras e bandas como o público deberán portar máscaras de forma obrigatoria. Serán unha excepción os vocalistas e intérpretes de instrumentos de vento, que poderán quitar a máscara durante a súa actuación.

En canto ás atraccións de feira, o aforo tamén se calculará na base dunha persoa por cada tres metros cadrados. Neste caso, o máximo será de 700 persoas nas superficies iguais ou inferiores aos 8.000 metros cadrados; e de 1.000 persoas no caso de superficies superiores.

As atraccións poderán ocuparse ata un máximo que permita manter a distancia de seguridade interpersoal e, se esta non se pode asegurar, reducirase ao 50% en cada fila (aínda que esta limitación non será de aplicación en caso de persoas convivintes). Nas atraccións que non teñan asentos, o aforo máximo será do 50 por cento. Neste caso, será tamén obrigatorio o uso de máscaras,

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, explican en rolda de prensa os protocolos de ocio nocturno e de verbenas.

O vicepresidente asegurou que a Xunta ía ser “moi esixente” co cumprimento dos protocolos e que estará “vixilante” para comprobar que se cumpre. Apelou á “responsabilidade individual” das persoas á hora de cumprir medidas que redundan na saúde pública e advertiu que a Xunta “reaccionará inmediatamente se hai que facelo”, en tanto esta reanudación da actividade é reversible.

Por último, adiantou que a Xunta porá a funcionar un Plan especial de vixilancia por parte da Policía Autonómica para facer comprobación de que se están a cumprir as medidas sanitarias, non só nestes sectores, senón de forma xeral.

Para este Plan pedirase a colaboración de Delegación de Goberno e Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), en tanto se trata dunha tarefa de “interese xeral” que é competencia de “todas as administracións”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...