Novos pasos para a futura ampliación do Polígono da Tomada na Pobra

16 Xuño 2020

O Consistorio da Pobra do Caramiñal acolleu este martes 16 a visita da xerente de Solo Empresarial do Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, entidade da que forma parte o complexo industrial da Tomada, xunto cunha ducia máis de parques galegos. A través da súa xuntanza co alcalde, Xosé Lois Piñeiro, Sestayo puido coñecer de primeira man o estudo que o Goberno local fixo para valorar a viabilidade da ampliación do parque da Tomada nun espazo de 190.000 metros cadrados, con vistas a solucionar os atrancos derivados do esgotamento do solo dispoñíbel da ampliación que acometeu SEA.

Na xuntanza participaron tamén o técnico encargado do estudo, Juan Antonio Millán, e as concelleiras Charo Varela, de Promoción Económica e Patricia Lojo, de Relacións Institucionais, así como o director comercial da SEA. No transcurso da sesión debulláronse os detalles do proxecto do Concello, que, segundo salientou o alcalde, constata que a ampliación sería viábel topograficamente na zona sur do actual polígono. Ao abeiro do plan, que garante unha rigorosa protección ambiental da contorna, barállase a posibilidade de reducir a zona verde inicialmente proposta para lograr un meirande equilibro co protagonismo empresarial.

Xosé Lois Piñeiro avanzou que se valorará tamén “unha segunda opción dende o ámbito supramunicipal”, establecendo un novo diálogo co Concello de Ribeira, para, “de xeito inmediato”, analizar a posibilidade de retomar o proxecto dun parque empresarial conxunto que sumaría preto dun millón de metros cadrados.

En declaracións aos medios trala reunión, Beatriz Sestayo recoñeceu coincidir co Concello na necesidade de ampliar solo e iniciar a terceira fase de crecemento do polígono, o que repercutirá de xeito favorábel no termo municipal, achegando un importante factor de dinamización económica en tempos de post-COVID. “Cremos que cando as crises existen, o sector público ten que tirar e facer de motor para o crecemento sustentábel e para crear emprego e é no que estivemos traballando”, dixo.

O alcalde aclarou que a idea inicial presentada este martes é a ampliación cara ao sur e respectando a distancia de 200 metros de distancia ás vivendas. Ademais, proporase a creación dun muro verde “para protexer aos veciños e manter a súa tranquilidade” e sinalou que se informará aos cidadáns con total transparencia en canto exista unha proposta firme.

En 2019 finalizouse a venta dos terreos dispoñíbeis na ampliación da Tomada, tan só catro anos despois da súa inauguración, coa ocupación total dos 106.000 metros cadrados ofrecidos, por parte de ata 6 empresas.

Na área da Tomada están instaladas 18 empresas: Alimentros Cruz del Sur (Alicrusa), Luís Escurís Batalla, DS Smith Packaging Cartogal, Mobalco, Talleres López Vilar, Lumar Seafood International, Autocares Barbantia, Lumafer S.L., Grupo Roig, tenda de hostelería, Transportes Atlas S.L., Transportes Mapir, Conxelados Campos, Total Rapid Oil Taller, Actemsa fábrica de conservas S.L., Talleres Fontao, Congalsa, Suflenorsa e Ferdoba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.