Novo número da nosa edición Código Cero. Revista de ciencia e tecnoloxía de Galicia.

20 Xuño 2020

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero, o 202,  na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ás iniciativas empresariais para facer fronte contra o coronavirus, aos avances de Ribeira na dixitalización do seu comercio e ao éxito galego nos Premios Nacionais de Informática. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Santiago, premiada polo seu proxecto para frear con tecnoloxías a presenza de CO2
– O CITIC dá forma aos estudos de Intelixencia Artificial en educación secundaria
– A Deputación impulsa o comercio local nas redes coa campaña En Lugo
– As entidades culturais da nosa terra presentan un novo menú de contidos galegos online
– Presentados os apoios anti-crise ao talento e á creatividade da Consellería de Cultura e Turismo
– Senén Barro, director científico do CiTIUS, Premio Nacional de Informática
– A Universidade da Coruña logrou novos recoñecementos nos Premios Nacionais de Informática
– Iníciase a pilotaxe de Asiste, a app de coidados para as persoas
– AMTEGA e Santiago pechan a consulta para o despregue de fibra no casco antigo compostelán
– Aberto o prazo para presentar contribucións ao fondo de proxectos culturais Xacobeo 21, dotado en inicio con 1,5 millóns
– O Goberno galego avanza detalles concretos sobre o supercomputador Finisterrae III
– Henrique Neira móstranos 200 grandes fitos galegos da informática e as comunicacións III
– Fernando Suárez analiza para os nosos sectores os grandes retos TIC de España na desescalada
– Entrevistamos aos integrantes do Centro Tecnolóxico do Barbanza
– A Catedral de Santiago amplía a presenza do seu Museo na Rede

Portada do número 202 de Código Cero

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.