Non poderemos bañarnos este ano en Peralto e Testal, con independencia da COVID-19

15 Xuño 2020

En termos xerais, a nosa comarca vén de saír ben parada ao abeiro da publicación da listaxe negra das praias nas que, con COVID ou non, non será posíbel bañarse. Nesta clasificación en negativo, figuran dous areais da nosa contorna, o de Peralto en Escarabote (Boiro) e o de Testal en Noia.

A información veu dada os días pasados polo SERGAS, a raíz dos seus estudos periódicos sobre a calidade das augas e ríos da nosa costa. Este ano, logo de cinco tempadas consecutivas ofrecendo unha calidade insuficiente, foi prohibido o baño, de xeito permanente, en 15 praias marítimas. Na listaxe están, como dixemos, Testal e Peralto, que, como os restantes espazos da costa galega, teñen presenza de bacterias, concretamente de microorganismos como Escherichia coli ou Enterococo intestinal en niveis non aceptábeis. A presenza deste tipo de bacterias débese ao fluxo constante de vertidos de augas residuais ou fecais procedentes da agricultura, a gandería ou a sistemas deficientes de saneamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.