Na Pobra un home resulta ferido cando actuaba contra un incendio no seu taller de coches

10 Xuño 2020

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a un home que resultou afectado cando actuaba contra un incendio declarado no seu taller de coches.

Ocorreu pasadas as once da noite pasada nas instalacións situadas na Rúa da Gavoteira, na Pobra do Caramiñal, tal e como informaron os axentes da Policía Local a través do 112 Galicia.

Debido a que se trata dunha zona con vivendas próximas, os mesmos axentes procederon ao desaloxo dos veciños, que puideron volver aos seus domicilios en canto os Bombeiros de Ribeira sufocaron o incendio e se garantían as condicións necesarias de seguridade.

Pola contra, o dono do local foi trasladado por un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Hospital do Barbanza a causa dos síntomas de intoxicación por inhalación de fume que presentaba. O home atopábase no interior do taller para tratar de deter o incendio, malia as advertencias dos axentes da Policía Local.

En canto aos danos provocados polo lume, cómpre sinalar que foron cuantiosos, pois resultaron afectados un 11 vehículos e unha moto. Tamén o teito e outras partes da estrutura do taller evidencian os efectos do incendio.

Outros artigos

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...