Mariñeiros galegos chegaron esta noite a Santiago repatriados desde Tel Aviv

18 Xuño 2020

O voo de repatriación aterrou no aeroporto Rosalía de Castro a bordo do voo especial fretado pola súa empresa e que é operado pola compañía Privilege Style. Un cento de mariñeiros, concretamente 102, foi a pasaxe que desembarcou esta noite no aeroporto de Santiago de Compostela despois dun voo de máis 6 horas de duración.

O grupo de pasaxeiros deste voo foi sometido ao test do Covid19 e deron todos resultados negativos. De igual modo foron embarcados e illados cumprindo todas as medidas de seguridade previas ao voo de regreso a Galicia. A empresa que freta o voo para elixido o aeroporto de Santiago de Compostela debido a que todos os pasaxeiros son españois con residencia en Galicia e para evitar desprazamentos intermedios dentro do territorio nacional.

Aínda que é certo que o aeroporto compostelán non figura como aeroporto de entrada internacional na Orde Ministerial, cabe lembrar que segundo publica tamén o BOE «estes voos de repatriación poden operar se se solicita previamente a Sanidade para que se lles conceda o permiso correspondente». Sanidade finalmente autorizou este voo de repatriación e esta noite chegará o voo de repatriación.

Segundo informa aeronoticiario SCQ, os 102 pasaxeiros serán desembarcados ao interior da terminal cumprindo co protocolo sanitario correspondente que Aena xa deseñou para todos os aeroportos españois e que no caso de Santiago poñeríase en marcha o vindeiro domingo co inicio da desescalada pero que se adianta a esta noite.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...