Este luns empezan en Galicia os test da 2ª onda do estudo de seroprevalencia. O Barbanza apenas tiña un 1% de afectados no 1º estudo

07 Xuño 2020

O Sergas comezará este luns, 8 de xuño, os test da segunda onda do estudo de seroprevalencia para coñecer a circulación do coronavirus COVID-19 na Comunidade galega, tras a baixa incidencia apuntada pola primeira parte (apuntou unha prevalencia dun 1%).

Deste xeito, a segunda parte comeza despois de que entre o mércores e xoves pasados os centros de saúde galegos recibisen as listaxes para contactar e convidar aos seleccionados a participar de forma voluntaria.

A primeira parte levouse a cabo entre o 23 de abril e o 8 de maio para analizar a circulación do virus SARS- Cov2 en Galicia na que o Sergas realizou unha mostra de 50.925 participantes, a mesma prevista para esta segunda onda.

Os resulatdos da primeira mostraxe dou como resultado que a COVID-19 circulou pouco por Galicia, cunha prevalencia do 1,15 por cento, con Ourense como a provincia con maior porcentaxe, 1,88% (5.609 persoas), e A Coruña co menor, 1,07%.

A Consellería de Sanidade estima que uns 30.000 galegos están inmunizados, deles 17.000 mulleres e 13.000 homes.

Segundo os datos detallados por áreas, na da Coruña a prevalencia foi a menor das sete e sitúase no 0,62%, con 322 positivos de entre 7.142 test; mentres que na de Santiago e Barbanza a circulación foi do 1,02% (4.513 persoas) con 55 positivos en 7.117 probas.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.