Máis dun milleiro de pemes e autónomos optan ás axudas da Deputación para contratación e modernización

16 Xuño 2020

O presidente da Deputación, Valentín González

A Deputación da Coruña distribuirá un total de 3.760.000 euros para contribuír a reforzar o tecido empresarial da provincia e a paliar o impacto que a pandemia da COVID-19 está a ter nas empresas e autónomos. E farao a través de dúas liñas de axudas: os programas PEL-Pemes e PEL-Emprende 2020, cuxo prazo de solicitude rematou este 11 de xuño. A estes apoios para, por unha banda, afrontar con novo equipamento e ferramentas a desescalada (por exemplo incrementando o seu proceso de dixitalización) e, pola outra, para ampliar equipo profesional, aspiran finalmente 1.011 empresas e persoas autónomas da provincia, que son as que presentaron solicitudes ás dúas vertentes de PEL.

A meirande parte das solicitudes dirixíronse á liña de PEL Emprende para investimentos, con 700 solicitudes presentadas, o que supón o 69,24% do total; seguido da liña de PEL Pemes para a contratación de novo persoal con 246 (o 24,33%), e 65 (o 6,43%) e de PEL Pemes Mantemento, que permite manter a axuda a traballadoras/es contratados no ano anterior.

PEL-Pemes

A liña PEL-Pemes subvencionará as pequenas empresas e autónomos con sede nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña para a contratación laboral dunha persoa en situación de desemprego durante un período de 12 meses. Como dixemos, a Deputación financiará o 70% do soldo e a Seguridade Social do/a traballador/a contratado/a, ata un máximo de 15.400 euros anuais.

PEL-Emprende

Polo que respecta á liña PEL-Emprende, está destinada a autónomos e empresas da provincia da Coruña con menos de cinco anos de antigüidade e sede social en calquera dos concellos da provincia. As axudas desta sección cubrirán ata o 70% do investimento, cun máximo de 17.500 euros, para a compra de aplicacións informáticas, maquinaria, útiles, mobiliario e equipos para procesos de información. “Todos eles deben ser elementos novos e directamente relacionados coa actividade da empresa”, explica a Deputación nas bases.

PEL-Pemes Mantemento

A maiores do devandito e relacionada directamente con PEL-Pemes, a entidade provincial habilitou a liña Mantemento, coa que se subvenciona o mantemento das contratacións laborais indefinidas da convocatoria anterior do programa durante un ano máis. Deste xeito, as empresas poden optar a unha nova axuda para manter o posto de traballo creado en 2019 durante 12 meses máis. Nestes casos, a Deputación financiará o 50% do soldo e Seguridade Social do traballador/a cun importe máximo de 11.000 euros anuais. Estes contratos son sempre de carácter indefinido.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.