JEALSA pon a disposición dos empresarios da Pobra unha app interna que visualiza os seus negocios

12 Xuño 2020

A sede da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos da Pobra (AEPuebla) acolleu este venres 12 de xuño a presentación de dous convenios de interese para o sector produtivo do concello, dous acordos que poñen en xogo recursos extra para afrontar as complexidades da desescalada e do regreso á normalidade. Un dos convenios é o asinado entre JEALSA, Escurís e a asociación para visualizar e fortalecer o comercio local cunha aplicación móbil. O outro convenio chega da man do BBVA e salienta por ofrecer produtos de interese para as empresas da Pobra.

Respecto da iniciativa de JEALSA e Escurís, consiste na posta en marcha da ferramenta JEALSA Club, unha aplicación móbil interna con diferentes funcionalidades e que, entre outras, achega a funcionalidade dun club de descontos onde diferentes empresas poden ofrecer os seus servizos ou produtos. No acto deste venres, JEALSA e asociación de empresarios da Pobra coincidiron ao afirmar que “a nova canle ten un importante potencial para todos os asociados, xa que, grazas a ela, estes poden poden aproximar as súas ofertas aos máis de 2.000 traballadores da empresa”. Para participar, as firmas locais interesadas teñen que achegar á asociación os seus datos de actividade principais (nome comercial, nome da persoa de contacto, teléfono e correo electrónico).

Respecto da contribución do BBVA, trátase dun paquete de iniciativas de financiamento para botar unha man ao tecido produtivo da Pobra e paliar os efectos da COVID, achegándolles diferentes solucións adaptadas ás súas necesidades, como por exemplo a ampliación até os 5 anos para os vencementos de financiamento a longo prazo, o mantemento do importante para o financiamento de circulante ou o subministro de liquidez adicional para que os empresarios poidan afrontar compromisos como o pago de nóminas, de tributos ou a provedores.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.