Galicia rexistra 722 casos activos en total pola COVID19. Non houbo mortos onte

01 Xuño 2020

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 722, deles 162 son da área da Coruña, 40 da de Lugo, 75 da de Ourense, 28 da de Pontevedra, 262 da área de Vigo, 135 da de Santiago, e 20 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 2 permanecen en UCI, 32 están en unidades de hospitalización e 688 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.970 persoas curadas, rexistrándose 616 falecementos. O número de PCR realizadas é de 143.580.

este luns todas as provincias españolas fóra de Madrid, Barcelona, Lleida e toda Castela e León menos O Bierzo están xa na Fase 2 da desescalada polo coronavirus. O cambio de fase chega tras o anuncio do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, sobre a súa petición esta semana da sexta, e última, prórroga do estado de alarma e a súa promesa de que o final da desescalada será comandado polas comunidades autónomas se apoian a súa proposta. Todo iso despois unha fin de semana no que os contaxios e as mortes por coronavirus en España mantéñense en mínimos, con variacións diarias de entre 1 e 4 falecidos e cos novos contagios ao redor dos 200 diarios.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.