Falece un veciño de Castiñeiras por COVID 19

10 Xuño 2020

Un veciño da parroquia ribeirense de Castiñeiras de 91 anos converteuse na sétima vítima mortal no Hospital do Barbanza relacionada coa Covid-19,. O paciente non tiña patoloxías previas.

O falecemento de onte foi do único paciente que estaba ingresado tras chegar unhas horas antes, ao complexo asistencial situado na parroquia de Oleiros, en Ribeira, e que foi o coronavirus o que lle provocou unha pneumonía bitaleral que acabou coa súa vida.

O día 2 de maio morrera outra veciña de Palmeira, esta vez de 87 anos, que se sumou a outros falecidos con anterioridade polo mesmo motivo e no mesmo recinto hospitalario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...