Este xoves abre o prazo de inscrición nos 29 campos de voluntariado que oferta a Xunta de Galicia este verán

24 Xuño 2020

Este xoves abre o prazo para inscribirse nun dos 29 campos de voluntariado que oferta a Xunta de Galicia dentro da campaña O verán que necesitas. Poranse á disposición dos maiores de 18 anos da comunidade un total de 348 prazas repartidas en campos adaptados ao novo escenario provocado pola crise sanitaria da covid-19.

A situación provocada pola emerxencia sanitaria derivada da covid-19 fai moi necesario ofertar á mocidade un recurso de educación non formal para o tempo de lecer. Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a tolerancia e a solidariedade. Polo tanto, permitiralles beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dunha experiencia enriquecedora.

Así mesmo, este ano hai tres novidades principais nesta iniciativa: os campos serán de ámbito autonómico con prazas só para mozos e mozas de Galicia; a convivencia será dun máximo de 12 persoas participantes, máis o equipo técnico; e as actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias.

Desta maneira, das 348 prazas que oferta o Goberno galego, 108 encóntranse nos 9 campos de voluntariado que se celebrarán na provincia de Pontevedra; 96 distribúense entre as oito iniciativas que haberá na Coruña; e tanto en Lugo como en Ourense celebraranse seis campos, isto é, 72 prazas en cada provincia.

Nova oferta

Destes 29 campos de voluntariado, 12 deles son novos este ano. A provincia de Lugo contará con catro novas iniciativas: dúas baixo o nome Os Campos do camiño, un no municipio de Palas de Rei e outro en Triacastela; Castro de Vilalonga, en Castro de Rei; e Alejandrina Álvarez en Ribas de Sil. A de Coruña terá tres novos: A Ciadella, no concello de Sobrado dos Monxes; Encaixe no camiño, en Camariñas; e o campo de voluntariado Amicos, en Boiro.

En Pontevedra os novos campos celebraranse en Lalín, baixo o nome de Tradición en verde; en Salvaterra de Miño, titulado Monte Castelo; e en Campo Lameiro, con a Idade de Bronce. Pola súa banda, Ourense poderá contar este ano con O noso rural, a nosa istoria, en Ribadavia; e Pereiro, en O Pereiro de Aguiar.

Como solicitar praza

O prazo desta convocatoria ábrese mañá ás 16,00 h e pecharase 3 días antes do inicio de cada campo. As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por orde de recepción. A solicitude presentarase mediante un formulario en liña, que estará dispoñible na páxina web xuventude.xunta.es, onde se pode consultar toda a información sobre esta actividade. A cota de inscrición para todos os campos é de 110 euros; con desconto dun 25% por Carné Xove, familia numerosa ou monoparental.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...