Este venres 26 abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán rianxeiro

25 Xuño 2020

A área de Xuventude de Rianxo vén de achegar máis datos sobre a celebración do Campamento de Verán 2020, unha histórica cita de lecer e talento xuvenil que desta volta virá marcada pola crise sanitaria e que, polo tanto, incluirá en todos os elementos do seu programa (e do formato das actividades) medidas estritas de control e seguridade.

Como confirmamos os días pasados, o Campamento de Verán Rianxo 2020 celebrarase do 13 de xullo ao 28 de agosto nas instalacións do Pazo de Rianxiño, do CEP Brea Segade de Taragoña e o CEIP Ana Mª Diéguez de Asados. Achegaranse 160 prazas. A cota de inscrición, que se pode formalizar a partir deste venres 26 de xuño, é de 80 euros.

O programa de actividades seguirá “as recomendacións e medidas sanitarias establecidas”, co obxectivo de garantir a seguridade de todas e todos as/os participantes. O horario será de 10:30 a 13:30 horas. Polo que respecta ao Plan Madruga, será a partir das 8.00 horas (a cota é de 15 euros).

Nos vindeiros días, o departamento de Xuventude do Goberno local irá achegando máis datos sobre a actividade. Toda a información relativa á actividade irase publicando baixo o cancelo #camprianxo2020. Para máis datos, visitar a web do Concello de Rianxo.

Prazas

Campamento: 160, distribuídas do seguinte xeito:

Pazo de Rianxiño: 80

CEP Brea Segade: 40

CEIP Ana Mª Diéguez: 40

Plan Madruga: 40, distribuídas do seguinte xeito:

Pazo de Rianxiño: 20

CEP Brea Segade: 10

CEIP Ana Mª Diéguez: 10

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.