Este sábado é o día máis longo do ano, comeza o verán astronómico

20 Xuño 2020

Este ano 2020, o solsticio de verán no hemisferio norte ten lugar este sábado 20 de xuño, exactamente, ás 23:43 horas, tal e como indica o Observatorio Astronómico Nacional. O solsticio de verán ocorre cando o semieixe do planeta, está máis inclinado cara ao Sol no hemisferio norte.

A inclinación do eixo da Terra cara ao sol é de 23°27′. Deste xeito, segundo o calendario gregoriano, o solsticio de verán ten lugar entre o 20 e o 22 de xuño, no hemisferio norte. Con esta máxima inclinación do semieixe da Terra, o día que ten lugar o solsticio de verán é o día máis longo do ano, é dicir, con máis tempo de luz solar. Así, é o día no que o Sol sae máis pronto e ponse máis tarde. No Barbanza hoxe teremos 15 horas, 18 minutos e 22 segundos de sol.

A estación alongarase ata o 22 de setembro cando teña lugar o equinnocio de outono, 12 horas de día e doce de noite.

Outros artigos

Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis intensas e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.