Este luns abre o prazo de inscrición nos cursos destinados a profesionais do tempo libre para a adaptación á nova situación poscovid

28 Xuño 2020

A Xunta abrirá este luns á o prazo de inscrición para os cursos de formación destinados á profesionais do tempo libre para adaptarse á nova situación poscovid. A través desta acción formativa gratuíta e en liña, ofreceranse coñecementos básicos para que as persoas que traballan no ámbito do tempo libre poidan coñecer e aplicar correctamente as medidas hixiénico-sanitarias vixentes, ofrecer as pautas necesarias que lles permitan adaptar as actividades ao novo escenario, así como coñecer o protocolo que cómpre seguir ante un posible caso de covid-19.

Esta primeira edición contará cun total de 500 prazas que se adxudicarán por rigoroso orde de inscrición. O curso comezará o 3 de xullo, polo que o prazo de inscrición rematará o mércores 1 de xullo e poderá facerse a través da páxina web voluntariadogalego.org.

A duración da formación será de dez horas e estará aberta a todas as persoas profesionais ou voluntarias que traballen directamente nas actividades de tempo libre, así como a todas aquelas persoas que formen parte de organizacións e entidades que organicen deste tipo en Galicia, priorizando a monitores e directores de actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil e directores de campos de voluntariado.

O curso terá como base o documento de recomendacións e medidas para o desenvolvemento das actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre para a súa adaptación á situación provocada pola COVID-19, que foi elaborado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración cun grupo de traballo plural de representantes do sector, e visado polas autoridades sanitarias.

Catro módulos

As persoas participantes deberán superar un cuestionario por cada un dos catro módulos que conforman o curso —virus respiratorios emerxentes, medidas persoais de prevención e hixiene, medidas nas instalacións e medidas nas actividades— para ter dereito á expedición do certificado acreditativo da formación.

O obxectivo é que as actividades de lecer educativo se poidan desenvolver de maneira segura e con todas as garantías para as persoas participantes, así como para o equipo técnico, ofrecendo a formación sobre as boas prácticas e pautas necesarias a seguir por parte dos profesionais do sector.

 Cursos destinados a profesionais do tempo libre para a adaptación á nova situación poscovid

Outros artigos

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.