En marcha unha guía náutica galega con cumprida información sobre 72 instalacións portuarias

01 Xuño 2020

Portos de Galicia presentou este primeiro de xuño diversos detalles sobre a nova guía náutica de Galicia, elaborada pola entidade autonómica e posta a disposición dos usuarios do sector, achegándolles información práctica sobre as instalacións e os servizos dos portos deportivos da nosa Comunidade, tanto de titularidade autonómica como estatal. A guía foi presentada este luns pola presidenta de Portos, Susana Lenguas, durante un encontro cos representantes das asociacións do sector. Ten feitura de plataforma dixital, xa dispoñíbel na Rede.

A publicación online está traducida a cinco idiomas (galego, castelán, inglés, francés e alemán), para facilitar a súa difusión no mercado internacional. Trátase, sinalou Lenguas, “dunha ferramenta de uso práctico para os navegantes que chegan a Galicia recompilando información útil de todos os peiraos deportivos da comunidade nun formato interactivo e moi gráfico para maior axilidade”. En concreto, permite aos usuarios planificar travesías en función da embarcación e a súa necesidade de servizos portuarios, e identifica todas as instalacións menores xestionadas directamente por Portos de Galicia destinadas ao atraque como porto base de embarcacións de recreo.

En total, recolle datos de 72 instalacións portuarias, 42 portos deportivos que admiten tránsitos e 30 instalacións menores. A guía náutica artella o litoral galego en catro costas: Rías Altas, Golfo Ártabro, Costa da Morte e Rías Baixas. Nas Rías Altas recóllense dous portos deportivos; no Golfo Ártabro 11; na Costa da Morte dous e as Rías Baixas, como contorna xeográfica de maior turismo costeiro, presentan 27 peiraos náutico recreativos.

De cada un destes portos a guía recolle cartas náuticas, coordenadas, número de amarres, esloras e calados, servizos dispoñíbeis, certificacións de calidade e información de contacto, entre outros datos.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.