Economía achega máis de 526.000 euros ao Barbanza para contratar 83 desempregados

12 Xuño 2020

O Goberno galego, a través da Consellería de Economía, destinou máis de 526.000 euros á comarca do Barbanza para a contratación de 83 desempregados a través dos seus programas de inserción laboral para os concellos: os plans Aprol Rural para desempregados do rural; as axudas para a contratación de perceptores da RISGA e os apoios para desempregados con vistas a realizar obras ou servizos de interese xeral. Na provincia da Coruña o investimento total ascende ata os 4,3 millóns para crear 488 postos de traballo.

Aprol Rural suma na comarca do Barbanza máis de 220.000 euros, un orzamento co que se financiará a contratación durante un período de 9 meses, e creará 16 postos de traballo para a realización de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Na provincia da Coruña este programa creará 121 postos de traballo grazas a unha investimento de máis de 1,6 millóns de euros.

Polo que respecta á contratación dos preceptores do RISGA, sumará na comarca do Barbanza máis de 131.000 euros, e permitirá a contratación de 11 persoas. O obxectivo deste programa é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato laboral que será subvencionábel durante 9 meses.

Na provincia da Coruña este plan de emprego conta cun orzamento máis de 2,1 millóns e creará 180 postos de traballo.

O terceiro dos programas, o plan de cooperación co que se apoia a contratación de persoas sen emprego para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, financiará na nosa comarca 56 contratos cun apoio de máis de 174.000 euros.

Na provincia da Coruña o número de desempregados contratados ascenderán a 187 cun orzamento total que supera os 591.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.