Detido un veciño da Pobra e desarticulado un punto de venda de drogas

29 Xuño 2020

Axentes da Garda Civil do Posto de Boiro detiveron a un veciño da Pobra do Caramiñal de 47 anos como presunto autor dos delitos de tráfico de drogas e receptación de obxectos roubados, ao cal se lle investigaba desde hai tempo.

No marco da denominada ‘Operación Lemafar’ na mañá do 26 de xuño procedeuse a realizar un rexistro no seu domicilio da localidade da Pobra do Caramiñal, durante o cal se incautaron 50 dose de cocaína 10,83 gramos, seis dose de heroína e 1,31 gramos de marihuana, así como dous teléfonos móbiles e 170 euros en billetes varios e moedas.

Interviñéronselle diversos útiles para a manipulación e confección das doses (básculas de precisión, culleres, pinzas, tesoiras e numerosos recortes plásticos, entre outros). Os axentes tamén aprehendieron distintas armas prohibidas, coitelos lanzadores, chaves de puxilato, machete e unha réplica de Beretta 92 de fogueo/detonadora e cartuchería, indicaron as mesmas fontes.

Durante a fase de investigación desta operación, as aprehensións de substancias ascenderon a 106 dose de cocaína e tres dose de haxix, destacou a Benemérita. Durante o rexistro recuperouse o mobiliario completo dunha habitación de madeira maciza (cama, dúas mesitas, un armario e unha cómoda co seu espello) e un quentador, os cales habían subtraídos dun domicilio na localidade da Pobra do Caramiñal. Ademais, recuperaron un televisor de 32 polgadas da marca Samsung.

O detido foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...