Convocado un novo curso de mariñeir@ pescador na modalidade online

07 Xuño 2020

A Consellería do Mar vén de convocar un novo curso de mariñeiro/a pescador/a na modalidade online que terá lugar entre o 18 de xuño e o 10 de xullo cunha duración de 50 horas. Esta formación estará titorizada desde o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
O período de matrícula para este curso, que conta con 60 prazas, está aberto desde o pasado xoves ata o vindeiro 15 de xuño ás 15:00 horas. A relación de admitidos será establecida en función da hora e do día da matrícula.
A documentación a presentar ante o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo para poder inscribirse no curso vén indicada no Anexo II da orde pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na comunidade.
Unha vez que remate o curso de teleformación realizarase un exame presencial no centro dependente da Consellería do Mar con sede en Vigo. Así mesmo, será necesario superar unha proba de natación o mesmo día do exame para poder presentarse á proba final.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...