Confirma a sentenza de oito anos para un pobrense que tentou matar a sua exparella

15 Xuño 2020

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que condenou a oito anos de cárcere a un veciño da Pobra como autor dun intento de homicidio.

Os maxistrados rexeitan o recurso do condenado contra a resolución, que tamén lle impuxo a prohibición de comunicarse e aproximarse á vítima, así como acudir e residir no termo municipal ribeirense durante 15 anos. O fallo xudicial conclue que o imputado querría matar á súa exmoza. Ademais, subliñan que «non resulta posible a apreciación da drogadicción e alcoholismo como eximente completa», pois consideran que «ningunha proba existe de que tales consumos, aínda supoñendo que existisen o día dos feitos, tivesen incidencia sobre o coñecemento e a vontade do acusado». Os maxistrados do TSXG tamén cren que a Audiencia aplicou correctamente a agravante de xénero.

Outros artigos

Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes 20, San Sebastián, baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Tú, yo, nosotros” – Manuel Domínguez

“Tú, yo, nosotros” – Manuel Domínguez

Tú, yo, nosotros.Leyendo a Tucídides y su Guerra del Peloponeso, me lleva a desarrollar el siguiente artículo.En el año 416 a C, Atenas pide a la isla de Melos se entregue al poder de Atenas, esta confía en que Esparta la ayude, pero no, queda a abandonada su...

“E do pobre Fernández nunca máis se soubo” – Antón Luaces

“E do pobre Fernández nunca máis se soubo” – Antón Luaces

Namoramos, casamos e fomos pais en tempo de ditadura. No lombo, no canto de estrelas amarelas luciamos, marcado a fondo, o desexo de mellorar. E melloramos deixando de traballar o sábado pola tarde e a costa do pluriemprego que nos permitiu acceder a préstamos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.