Clausurada a sétima edición de BarbantiArte, na que participaron 81 artistas

26 Xuño 2020

O Museo do Gravado de Artes acolleu este xoves 25 o acto de clausura da sétima edición da exposición BarbantiArte. O peche da mostra resultou ser un concorrido encontro arredor do talento local (aínda que con estritas limitacións de aforamento para garantir a seguridade sanitaria dos participantes), materializado este ano nas contribucións das/os 81 artistas participantes. O acto de clausura foi en certa maneira un acto de benvida, xa que, como lembraremos, a mostra non puido ter inauguración oficial ao abrirse en plena pandemia. De feito, o groso das visitas foron, cunha importante participación, visitas online.

O acto de peche contou coa participación do presidente da Fundación Museo de Artes e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; do secretario xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo Lorenzo; da vogal da Asociación Barbantia (entidade promotora desta proposta) Pilar Sampedro; do director do museo Pastor Rodríguez; e da concelleira de Cultura de Ribeira, María Sampedro.

Segundo salientaron, a exposición BarbantiaRte mostrou a arte que se fai no Barbanza nos nosos días, servindo de encontro entre creadores e creadoras da nosa zona, de diferentes idades e propostas: performance, óleo, gravado, fotografía, escultura, esmalte, vídeo-creación, etc.

“A exposición”, destacaron, “xuntou artistas consagrados e outros noveles, artistas con diversidade funcional de colectivos como AMBAR ou aqueles que aínda non sendo naturais da comarca, residen ou crean nesta zona”

A clausura concluíu cunha performance creativa a cargo de Esperanza Mara, que brindou a audiencia a creación dun monotipo en directo conxugada cun arrolo a capela.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...