Case 300 persoas participaron na campaña #Librosparasermoslibres

19 Xuño 2020

Case trescentas persoas participaron no concurso da campaña #Librosparasermoslibres, iniciativa online da Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña dirixida a impulsar o sector cultural, a animar á lectura e a estimular a compra de libros despois da crise sanitaria, logo que se constatase, unha vez máis, o importante papel dos libros como ferramentas para loitar contra a adversidade. A campaña #Librosparasermoslibres foi polo tanto un xeito de devolverlles ás editoriais e ás escritoras e escritoras o importante favor que nos fixeron durante a emerxencia sanitaria. Na iniciativa, vinte das 300 persoas participantes recibirán bonos de 75€ para mercar nas librarías dos concellos da Coruña.

A campaña #Librosparasermoslibres, iniciada con motivo do Día das Letras Galegas, chegou polo tanto ao seu fin logo de desenvolverse nas redes sociais e convidando a recomendar títulos para a súa lectura.

Na iniciativa participaron referentes da cultural da nosa terra, como o escritor boirense de adopción Antón Riveiro Coello. Tamén colaboraron (achegando vídeos nos que facían recomendacións) Oliver Laxe, Eli Ríos, Federico Pérez, Antía Ameixeiras, Carlos Blanco, María Tasende, Sole Felloza, Marilar Aleixandre, Laura Romero, Anabel Alonso, Lorena Conde, Bea Lema ou An Alfaya.

A campaña de animación á lectura e á compra de libros conseguiu un grande alcance de impresión e de usuarios nas redes sociais, superando só en Facebook as 123.000 persoas.

“O balance é moi positivo porque se conseguiu difundir un amplo número de títulos e convidar a súa compra e lectura, algo que, ao noso ver, era o obxectivo buscado para contribuír á recuperación do sector nun momento en que se reiniciaba a actividade comercial”, sinala a deputada de Normalización Lingüística, María Muíño.

Outro dos obxectivos da iniciativa foi “chegar a novos públicos”, difundindo na Rede contidos pensados para distintos tramos de idade e de intereses.

Este venres 19 de xuño farase o sorteo a través dunha plataforma dixital independente polo que vinte gañarán bonos de 75€ para mercar libros galegos nas librarías dos distintos concellos da provincia da Coruña.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...