Canceladas as Festas da Guadalupe 2020

02 Xuño 2020

Unha tras outra, van caendo as grandes celebracións da nosa comarca, pospoñéndose, reconstruíndose ou mesmo envorcándose nas redes para seguir vivas e á espera de tempos mellores. As Festas da Guadalupe 2020, segundo vén de informar a organización no seu Facebook (a Asociación Sociocultural A Moreniña), non serán tampouco unha excepción nesta tónica, e, polo tanto, quedan suspendidas por mor das complexidades da crise sanitaria e dos riscos que pode implicar, xa no mes de setembro, unha festa tan multitudinaria para a saúde da poboación.

“Non será unha sorpresa para vós este anuncio, pero temos que cancelar as festas porque descoñecemos cal vai ser a situación da pandemia da COVID-19 no mes de setembro, e se haberá rebrotes, e tamén porque non sabemos cales van ser as condicións que se impoñan para celebrar actividades ao aire libre, e non temos medios para evitar aglomeracións”, explican dende a organización, engadindo que tampouco existen razóns de peso para desenvolver actividades que non poida gozar todo o mundo por mor dos límites de aforamento. Ademais, engaden, “a situación económica do comercio local e da veciñanza non resulta a mellor como para pedir donativos para estas festas”. A organización pecha o comunicado facendo un convite xeral e urxente a apoiar aos comerciantes de Rianxo: “Pedímosvos que fagades un esforzo por paliar esta situación mercando no comercio local e consumindo na hostalería local”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

Si algo retrata a las personas es esencialmente lo que hacen o dejan de hacer, lo que piensan y cuentan (incluso lo que no cuentan) y desde luego, lo que defienden en público. Todo ello acaba dibujando y comunicando la manera que se entiende la política, el servicio...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.