Caballero comprométese a converter en realidade a residencia de maiores de Boiro

23 Xuño 2020

Gonzalo Caballero, candidato socialista á Xunta de Galicia, visitou este martes 22 de xuño o concello de Boiro, onde estivo acompañado polo alcalde José Ramón Romero Martiño. Na súa estadía no concello barbanzán, Caballero celebrou co rexedor o primeiro aniversario do inicio do mandato en Boiro do PsdG-PSOE, un período que foi, nas súas palabras, “un ano de estabilidade, de modernización, de fortalecemento das políticas locais, de racionalización da administración e de aposta polo social”.

Caballero lembrou que se ben Martiño demostrou ao longo destes meses que é un rexedor “que pide polo seu Concello”, agora é a quenda, tamén, de estender esta estratexia ao nivel autonómico. O candidato á Xunta aproveitou a visita para facerse eco dunha das grandes demandas o actual equipo de Goberno de Boiro, que é a construción dunha residencia de maiores, un proxecto que Caballero se comprometeu a executar no caso de que consiga formar Executivo nos vindeiros comicios do 12 de xullo. “Aquí”, dixo, “hai unha necesidade dende hai moitos anos para que os maiores poidan vivir con dignidade, e o mellor xeito de construír a residencia é facelo dende un Goberno da xunta que cre no público que pode compromete a facer unha residencia pública”.

O candidato do PSdG recalcou a perfecta viabilidade do proxecto e recoñeceu que no caso do concello barbanzán, será unha das prioridades do “novo Goberno progresista que Galicia necesita”.

Outros artigos

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o seu Serán Tradicional

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o Serán Tradicional da Asociación Cultural de Abanqueiro. Será a partir das 19.00 horas no Centro Social. Organizado pola dita asociación en colaboración co Concello de Boiro, incluirá no seu programa un interesante menú de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...