Boiro culminou o Mes das Letras cunha manchea de vídeos conmemorativos nas redes

04 Xuño 2020

Malia que a crise sanitaria foi un duro revés para a celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Ricardo Carvalho Calero, é certo que os nosos concellos puxeron todo da súa parte para que a festa seguise nas redes e para que, en base a esta condición de celebracións online, obtivéramos un extra de accesibilidade e atemporalidade. Dito doutro xeito: a festa da nosa cultura seguiu todo o mes de maio e continuará nos meses seguintes. Este foi o plan, precisamente, do Concello de Boiro, que ofreceu unha completa axenda conmemorativa para todo maio: o ciclo online Cultura na Rede.

A campaña rematou formalmente este 31, co vídeo Escapada, de Teatro do Improvisto, pero segue viva para quen queira reproducir os audiovisuais en calquera intre.

Previamente foron chegando outros importantes vídeos conmemorativos, como por exemplo as celebracións da cultura galega e local de Diana Sieira, da Banda de Música de Boiro, de María Magán ou de Antón Riveiro Coello, entre outros representantes das artes, da literatura ou da música do concello (como, tamén, Fran Velo, Suso Santamaría ou Sonia Lebedynski).

Nos vídeos, as e os participantes fixeron unha presentación do seu traballo e explicaron o que representa para elas e eles o acto de crear ou impulsar a creatividade. Podemos acceder a estes vídeos conmemorativos da cultura no Facebook e máis no Twitter do Concello de Boiro.

Outros artigos

Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro. A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.