Avanzan as obras dos pantaláns para acuicultura do porto de Cabo de Cruz

06 Xuño 2020

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o teniente de alcalde, Luís Ruiz, visitaron o porto de Cabo de Cruz para coñecer o estado do proxecto de construción de pantaláns para embarcacións de acuicultura. Na tarde do
venres chegaron parte das pezas de gran envergadura que formarán o
rompeolas.
Os traballos estanse a realizar na dársena sur, que é a destinada para as embarcacións de acuicultura, e que vai permitir o amarre de ata cen embarcacións con esloras de entre 14 e 22 metros. Con este proxecto vaise
mellorar a seguridade e condicións de traballo do sector mexilloeiro en Cabo de Cruz.
Na tarde do venres chegaron ao porto de Cabo parte das pezas que van formar o rompeolas, estruturas de formigón de 5 metros de ancho por 20 de
largo fabricadas en Galicia e que servirán de abrigo do oleaxe para a dársena sur. Para o transporte destas pezas precisouse un transporte especial e reservar parte do espazo de aparcamentos da Avenida da Constitución durante a tarde.
O alcalde e o teniente de alcalde visitaron o porto da Cabo de Cruz durante a chegada das pezas e tamén visitaron a parte do pantalán que xa están utilizando os bateeiros para coñecer cal é o estado de execución das obras, que teñen previsión de rematar a finais do verán.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o teniente de alcalde, Luís
Ruiz, visitaron o porto de Cabo de Cruz

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.