As pegadas aínda vixentes do franquismo centraron a presentación do novo ensaio de Manuel Monge no Centro Lustres Rivas

25 Xuño 2020

Esta quinta feira (xoves) celebrouse no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira un acto que puxo de manifesto a necesidade de seguir traballando a prol da memoria histórica e de erradicar todo tipo de símbolos que, aínda a estas alturas e con todo o que se ten loitado, celebran a ditadura. Estamos a falar da presentación do ensaio Os restos do franquismo en Galiza, escrito por Manuel Monge González e editado por Laiovento. O autor da obra, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, sociólogo e ensaísta, compareceu no Lustres Rivas a carón do presidente da Asociación Altofalante, Óscar Sobrido, entidade organizadora do evento, felizmente activa de novo logo da obrigada paréntese derivada da emerxencia sanitaria.

Segundo Sobrido, decidiuse retomar a actividade coa memoria histórica porque sempre “foi un ámbito no que se ten traballo moito desde a creación da asociación no ano 2005”. Para Sobrido, aínda fica moito por facer para “poder erradicar todos os restos do franquismo en Galiza e render merecida homenaxe a quen loitou pola democracia”.

Polo que respecta á obra presentada, chegou ás librarías este mes de xuño e trátase dun ambicioso ensaio editado por Laiovento que conta coa colaboración da Fundación Galiza Sempre e dun completo feixe de investigadores e investigadoras, xornalistas, asociacións memorialistas, culturais e entidades de toda índole. O libro, de case 400 páxinas, abre fogo dende os seus inicios poñendo de manifesto que aínda quedan en Galiza sobre 600 símbolos franquistas en 87 concellos: rúas, retratos, placas, esculturas e todo tipo de distincións que exaltan, honran e distinguen golpistas, franquistas e criminais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.