Arousa-norte ofrece un servizo de asesoramento ao sector turístico e hostaleiro da comarca

16 Xuño 2020

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte ofrece desde esta mércores un servizo de asesoramento empresarial dirixido aos profesionais turísticos e á hostalería dos concellos de A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira.
O obxectivo deste servizo é apoiar ás empresas na implementación de medidas para o cumprimento das Guías para minimizar os efectos da Covid – 19 que foron elaboradas polo ICTE (Instituto para a Calidade Turística Española).
Este asesoramento consistirá na resolución de cuestións para a implantación das medidas nos establecementos, o acompañamento na elaboración de toda a documentación que se esixe, como é o Plan de Continxencia, así como calquera outra cuestión que poida xurdir.
Desde Arousa Norte destacan tamén que “todas aquelas empresas que xa implantaran medidas poderán solicitar unha avaliación telemática para analizar se cumpren todos os requisitos das Guías ou se hai aspectos que mellorar.”
Con este servizo a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte apostase polapotenciación dun destino seguro, na que se garante unha oferta de servizos turísticos de calidade segundo a situación que estamos a vivir.

Para obter máis información a través do enderezo electrónico asistenciacovid@arousa-norte.es ou no teléfono 981 845 236.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.