Arousa Norte convértese en Barbanza – Arousa un destino no que a Serra e a Ría gañan protagonismo

30 Xuño 2020

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte presentou hoxe o cambio do nome do destino que a partir de agora pasará a chamarse BARBANZA – AROUSA. Este cambio supón situar tamén á Serra do Barbanza dentro da marca do destino, que ata agora tiña como protagonismo á Ría de Arousa
Norte.
Nesta presentación aproveitouse tamén para presentar de xeito detallado a
Estratexia Turística que está en marcha desde a Mancomunidade.
Unha das primeiras accións destacadas é a creación da Comisión de turismo e Comercio do Barbanza, Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade destacaba que “esta comisión nace coa función principal de axudar a subsanar a crise do COVID- 19 e redefinir a construción dun modelo turístico de calidade, rendible, atractivo e sostible e está representada polo sector público: Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, Concellerías de Turismo e Comercio de cada concello, técnicas de turismo de cada concello e polo sector empresarial turístico: a través das
empresas representantes comarcais dos sectores turísticos e a través das xerencias das asociacións empresariais locais”.
Algunhas das empresas do sector privado que forman parte desta comisión son: O Curral do Marqués (Rianxo), Bar Plaza (Ribeira), Camping Barraña (Boiro), O Apartadiño (A Pobra do Caramiñal), Golfiño (Ribeira), Palmira Scuba (A Pobra do Caramiñal), Viaxes Ecuador (Ribeira).
Outras das accións presentadas esta mañá e que xa están en marcha é o Sistema de Venta Cruzada, que permite visibilizar a dispoñibilidade online de aloxamentos e a oferta de ocio, con opción de reserva e pago anticipado. Este servizo buscar unir os negocios turísticos para crear un produto turístico variado e con maiores posibilidades. A día de hoxe están participando 20 empresas de toda a comarca e está aberto para todas as que estén interesadas.
Desde a Mancomunidade Barbanza Arousa para esta tempada estival tamén presentan dúas accións coas que chegar tanto á poboación comarcal como a posibles visitantes doutras áreas xeográficas, a primera delas é o Autocine Lúa Chea no Barbanza que comezará este venres no concello de Boiro e que xa conta cun cheo absoluto, pois desde comezos da semana as entradas están esgotadas para ver as catro sesións. Complementan esta actividade outra proposta que mestura a paisaxe e os recursos turísticos, poñendo en valor o talento creativo e cultural de referencial nacional. Baixo o nome de Paisaxes Sonoras, durante o mes de agosto a comarca do Barbanza contará cunha proposta cultural que se realizará en espazos emblemáticos onde o propio escenario contará con dous elementos
clave: a Serra do Barbanza e a Ría de Arousa.
Complementan todas estas accións a posta en marcha dunha campaña de
Promoción da Ría de Arousa en colaboración coa Mancomunidade do Salnés, co obxectivo de promocionar a ría como un recurso navegable todo o ano e como orixe da tradición Xacobea (-ruta xacobea Mar de Arousa río Ulla).

Presentación Arousa -Barbanza


Manolo Ruiz, presidente da Mancomunidade encargouse de pechar esta
presentación: “son moitos e moi ambiciosos os proxectos aos que se enfronta este ano a nosa Mancomunidade. Proxectos que, nalgúns casos tiveron que ser reformulados para facer fronte a esta nova situación que estamos a vivir, adaptándonos a un novo mundo no que a tecnoloxía e a vida en pequeno formato son as grandes protagonistas. Tal e como se mostra nesta estratexia “o destino Barbanza Arousa é das empresas que día a día abrides as vosas portas e loitades para darnos os mellores servizos, das traballadoras e traballadores dos diferentes ámbitos e, por suposto, de cada un dos seus habitantes que elixides Ribeira, Boiro, A Pobra do Caramiñal ou Rianxo para facer o voso proxecto máis importante, o voso
proxecto de vida”.
Esta presentación contou coa participación de Manolo Ruiz, alcalde de Ribeira e presidente da Mancomunidade Barbanza – Arousa; José Ramón Romero, Alcalde de Boiro; Xosé Lois, Alcalde da Pobra do Caramiñal; Maria del Carmen Ficheira, Tenente Alcalde de Rianxo e Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade Barbanza – Arousa.

Presentación de Barbanza – Arousa, compoñentes

Outros artigos

A enseada da Pobra dará a saída á Liga de Cruceiros Ría de Arousa

A unión entre os clubs máis representativos na escena cruceirista de Arousa vai facer posíbel que un ano máis se celebre a clásica regata invernal na ría. Os clubs Arousa Norte (A Pobra ), Ribeira, Rianxo e o centenario Real Club de Regatas de Galicia (Vilagarcía)...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...