Arousa Norte comparte o seu empuxe turístico-innovador coas entidades da provincia

23 Xuño 2020

A Mancomunidade de Concellos de Arousa Norte é unha das entidades que vén de sumar forzas coa Deputación da Coruña e outros organismos e consorcios turísticos da provincia a prol da promoción dos xeodestinos coruñeses a través das máis avanzadas ferramentas de comunicación. As entidades mantiveron este luns 22 de xuño unha xuntanza para poñer en común as novas estratexias e avanzar nas liñas de comunicación conxunta para o devandito labor colectivo de promoción. A aposta pola calidade e seguridade ademais do turismo de proximidade e o avance na dixitalización son algúns dos eixos do novo horizonte do sector.

O Consorcio de Turismo da Coruña, a Asociación de empresarios de Camariñas, a Asociación Sociocultural Auga e Sal, Asociación da Comarca de Ortegal, INCOLSA, a Mancomunidade de Ferrol, a Mancomunidade Arousa Norte, a Sociedade Mixta de Ferrol, a Asociación de Empresarios Fisterra-Muxía, a Reserva da Biosfera As Mariñas –Betanzos, a Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Ría da Estrela, CMAT e a Mancomunidade de Municipios de Ordes son algúns dos entes de xestión supramunicipal que forman parte desta aposta xeral e conxunta polo turismo de calidade e proximidade.

Na reunión, que puxo en común as estratexias destas entidades turísticas da provincia da Coruña, coincidiuse na importancia da seguridade e da calidade nos destinos, apostando por unha dixitalización da información turística, que complemente os formatos físicos. No ámbito da promoción, centráronse na captación dun turismo máis próximo para a tempada de verán ou na participación en feiras virtuais de ámbito internacional.

Un dos ámbitos nos que van traballar Deputación da Coruña e os entes de xestión é o da intelixencia turística. En concreto, desenvolverán, en colaboración coa Universidade da Coruña, estudos tecnolóxicos para analizar, coñecer e planificar con maior precisión o turismo no territorio.

Outro dos eixos centrais de actividade, ademais do traballo en rede entre os diferentes entes, é a mellora da comunicación e desenvolvemento turístico, así como a creación de novos produtos sustentábeis.

Na xuntanza debulláronse iniciativas avanzadas das entidades como por exemplo a dixitalización e adaptación e espazos como a creación dun autocinema no caso de Arousa Norte, que presentará a súa nova imaxe en breve; o turismo activo mediante rutas de sendeirismo e a potenciación do surf na Mancomunidade de Ferrol, a aposta polo mar e a natureza da Costa da Morte, as rutas do turismo industrial da Ría de Muros-Noia ou o destaque da artesanía do encaixe e un recurso como é o Cabo Vilán na Asociación de Camariñas. Gabinete de Prensa Deputación da Coruña.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.