Altofalante retoma a actividade en Ribeira coa presentación dun libro sobre memoria histórica

23 Xuño 2020

A Asociación Altofalante de Ribeira volve á actividade esta quinta feira (xoves 25 de xuño) cunha relevante cita de memoria histórica, trala paréntese obrigada da emerxencia sanitaria. A actividade de Altofalante retómase cun acto público que acollerá a presentación do ensaio Os restos do franquismo en Galiza, escrito por Manuel Monge González e editado por Laiovento. O autor da obra foi presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, sociólogo e ensaísta.

O autor do ensaio, Manuel Monge González

Segundo o presidente da asociación, Óscar Sobrido, decidiuse retomar a actividade coa memoria histórica porque sempre “foi un ámbito no que se ten traballo moito desde a creación da asociación no ano 2005”. Para Sobrido, aínda fica moito por facer para “poder erradicar todos os restos do franquismo en Galiza e render merecida homenaxe a quen loitou pola democracia”.

O acto celebrarase no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira ás 20:00h. Segundo informan desde Altofalante, seguirase un protocolo para garantir as medidas de prevención e seguridade sanitarias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.