ADEGA celebra na Corna e en Cabío o Día Mundial dos Océanos

08 Xuño 2020

Os colectivos e praias da nosa comarca pasan este luns á primeira liña de acción contra contaminación mariña, concretamente nos areais de Cabío e A Corna, entre Pobra e Palmeira. O motivo? A celebración este luns 8 de xuño do Día Mundial dos Océanos, que impulsa na nosa terra a organización ambiental galega ADEGA e faino, por mor das limitacións ás que obriga a actual situación de pandemia, cun formato reducido e controlado, pero igualmente relevante na súa mensaxe: cómpre coidar o sitio no que habitamos, polo noso ben e polo das xeracións que virán. Desta volta, a limpeza nas ditas praias será realizada por parte da equipa de Educación Ambiental de ADEGA, pois “ata o momento non se poden realizar actividades de voluntariado masivas nos espazos naturais”.

Para evitar riscos innecesarios, a equipa de ADEGA respectará todas as medidas sanitarias e de precaución oportunas, levando máscaras e luvas e mantendo sempre a distancia de seguridade interpersoal.

Coma todos os anos, o obxectivo desta xornada será o de “eliminar parte dos residuos que están nos areais así como facer unha chamada de atención sobre o lixo que acaba nos nosos areais e ecosistemas mariños”. ADEGA tamén aproveitará para comprobar se hai presenza da píllara das dunas nestes areais e cal está sendo a evolución das especies exóticas invasoras.

A maiores, a organización tirará partido da actividade para lanzar unha mensaxe clara contra os actuais modelos de produción: insustentábeis e mal xestionados en materia de residuos. “Todo iso fai que cada ano rematen nos océanos 10 millóns de toneladas de lixo”, explican, poñendo o foco na problemática engadida da actual situación de pandemia, con luvas e máscaras espalladas por todos os recantos das nosas cidades, vilas, aldeas e espazos naturais: “Desde ADEGA cústanos entender como, a sabendas dos riscos que comporta unha mala xestión destes residuos, sigan dándose este tipo de accións irresponsábeis, non xeneralizadas, pero preocupantes. Así pois, a problemática da contaminación mariña acada, se cabe, maior intensidade nestes tempos”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.