Abre o prazo de matrícula para acceder ao primeiro curso de grao profesional do Conservatorio de Ribeira

02 Xuño 2020

O Conservatorio Municipal de Ribeira (Conservatorio Enrique Paisal) vén de abrir o prazo para matrícula na proba de acceso ao primeiro curso de grao profesional, un proceso que estará aberto até o día 10 de xuño e que será integramente telemático, o que evitará ás persoas interesadas que teñan que desprazarase até o devandito centro docente para formalizar a inscrición.

Con tal motivo, o Concello vai acubillar na súa web un impreso para facilitar a achega de datos das alumnas e alumnos que queiran matricularse con só descargar o devandito documento, completar a información persoal e envialo logo de volta á conta de correo conservatorio@ribeira.gal, acompañado do xustificante de pago e a fotocopia do DNI.

A proba de acceso levarase a cabo durante este mes de xuño a partir do día 15 e con data aínda por concretar. Se os aspirantes non superan as prazas ofertadas a proba farase tamén de xeito telemático seguindo as instrucións da Consellería de Educación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.