A Xunta destina 4,3M€ para contratar 488 desempregados a través dos seus programas de emprego para concellos da Coruña

12 Xuño 2020

A Xunta informou da resolución do Consello da Xunta de varios dos programas de emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o 2020 aos que se destinarán na provincia da Coruña 4,3 millóns de euros para crear 488 postos de traballo.para os tres plans de emprego da Xunta: Aprol Rural para desempregados do rural; as axudas para a contratación de perceptores da Risga e para desempregados para realizar obras ou servizos de interese xeral.

Aprol Rural

O Aprol Rural, co que se apoia a contratación de persoas sen emprego no rural galego, financiará a totalidade dos custos salariais nos contratos, incluída a Seguridade Social segundo estea marcado no convenio colectivo vixente no momento no que o concello presentou a súa solicitude.

Aprol Rural suma na provincia da Coruña 1,6 millóns de euros, un orzamento co que se financiará a contratación durante un período de 9 meses, e creará 121 postos de traballo para a realización de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Terán prioridade os concellos fusionados e os emprendedores. Como novidade con respecto a anteriores edicións, os concellos rurais de menos de 2000 habitantes poderán contratar a persoas que xa fosen contratadas por un período igual ou superior a 9 meses con cargo a axudas concedidas no ano 2019 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no eido da colaboración coas entidades locais e sen ánimo de lucro. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo.

Risga

Polo que respecta á contratación dos preceptores do Risga, sumará na provincia da Coruña máis de 2,1 millóns de euros, e permitirá a contratación de 180 persoas. O obxectivo deste programa é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato laboral que será subvencionable durante 9 meses.

Desempregados

O terceiro dos programas de emprego refírese ao plan de cooperación co que se apoia a contratación persoas sen emprego para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social co obxectivo de proporcionarlles experiencia e práctica profesional que permita a súa inserción, este programa destínase na maior parte dos casos á contratación de socorristas.

Os contratos serán de tres meses -no caso de que sexan a tempo completo- ou de seis meses para os de tempo parcial. Na provincia da Coruña financiaranse 187 contratos cun apoio de 591.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.