A Pobra retoma a mostra En feminino plural de Che Tembra

30 Xuño 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal retoma este mes de xullo a mostra do artista rianxeiro Che Tembra que tivo que interromper na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler por mor da chegada da emerxencia sanitaria e o confinamento. Trátase da exposición En feminino plural, que ficará exposta no dito emprazamento da Pobra durante todo o mes de xullo, en horario de 10.00 a 13.30 horas e de 19.00 a 21.00 h, de luns a venres. Trátase dunha colección de 60 pezas, 40 cadros e 20 composicións florais.

Che Tembra, o nome artístico de Andrés Tembra Redondo, é un comprometido creador da nosa comarca cuxas obras destacan polo uso que fai do ferro nas súas moitas manifestacións, un material que lle serve para mergullarse nas raíces prerromanas do Barbanza e de Galicia. Na exposición que se retoma na Pobra, Tembra combina elementos xurdidos da sua forxa con elementos vexetais pintados: hortensias, camelias e outras especies.

Outros artigos

BNG denuncia a “ameaza permanente” da mina de San Finx

A pobrense Rosa Pérez, deputada do BNG, reclamou hoxe na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento á Xunta que paralice calquera concurso para a explotación da mina de San Finx, en Lousame, ata que se execute unha restauración ambiental integral...

+

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...