A Pobra celebra o San Xoán cun concurso no Facebook: Fóra Meigallo

19 Xuño 2020

O San Xoán deste ano, como tantas outras cousas no medio deste contexto de pandemia aínda vixente, non será unha festa coma as dos demais anos. Para compensar a cancelación das actividades a pé de cacharela e co fin de reivindicar outros aspectos relevantes da conmemoración, os nosos concellos están a impulsar varias iniciativas nas redes. Por exemplo o Concello da Pobra do Caramiñal, que convocou no Facebook o concurso Fóra Meigallo, no que se convida ás veciñas e veciños a achegar expresións típicas de San Xoán.

O certame desenvolverase entre hoxe, venres 19, e mañá 20 de xuño. O obxectivo do certame é “pór en valor do medio natural que nos rodea en relación cos costumes tradicionais galegos relativos a esta data”, ou sexa, a importancia das plantas, rituais e expresións orais que van ligadas ao San Xoán da Pobra do Caramiñal.

Será, en definitiva, unha boa oportunidade de enxalzar “a gran sabedoría ambiental, cultural e lingüística das nosas persoas maiores, auténtica memoria viva”.

O concurso está aberto a toda a cidadanía. Os requisitos son os seguintes:

· Achegar expresións verbais (ditos, refráns, costumes, combinacións de herbas) relacionadas co San Xoán, sen fotografías.

· As expresións que se escriban fóra do Facebook do Medio Ambiente da Pobra ou fóra do prazo non concursarán.

· As expresións que non se escriban en galego non concursarán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.