A Plataforma en defensa do Monte pide unha nova ordenación forestal e reclama a eléctrica mais de 3 millóns de euros

10 Xuño 2020

A Plataforma pola Defensa do Monte, que preside Rafael Saco, deu a coñecer este mércores os detalles da demanda por responsabilidade civil presentada por cinco comunidades de montes de Rianxo contra a compañía eléctrica Naturgy e o seu mercantil de distribución e mantemento das liñas (Elecnor) respecto ao incendio forestal ocorrido os días 25 e 26 de marzo do ano pasado no municipio.a demands rexistrouse nun Xulgado de Madrid ( o ter as empresas a súa sede na capital e agora estase á espera de asignación de Xulgado para a Instrución e que se admita a trámite en setembro. Os demandantes esperan chegar a un acordo antes de final de ano e, se se chega a xuízo, poida celebrarse en Semana Santa do próximo ano. A finalidade desta demanda non é económica, senón que se quer apostar por un modelo diferente de xestión do monte. Así a indemnización sexa cal dexa será destinada a repoboar o monte afectado e lograr medidas de mantemento e organización para evitar novos incendios.

As mais de 400 hectáreas queimadas o seu acondicionamiento e limpieza elevan a demanda a 3.294.350 euros. Cinco comunidades de montes que presentan a demanda: Araño (onde arderon 10 hectáreas), Asados (48,77), Burés (91,73); Isorna (103,66) e Leiro (155,24). A elas unironse medio cento de particulares que viron queimadas eses días 174 propiedades dos concellos de Rianxo e Dodro.

O alcalde de Rianxo Adolfo Muíños, anunciou que o Concello está pendente de coñecer a taxación dos danos provocados por ese incendio en 20 hectáreas de terreos municipais. E é que a administración local tamén actuará xudicialmente contra ambas empresas. O presidente da plataforma, Rafael Saco sinalou que se trata de non aceptar a normalidade de que ou lume se repíta e de prantexar un modelo de xestión diferente non que as comunidades de montes teñan voz e protagonismo. Ou monocultivo do eucalipto é un modelo artificial.

Cedida

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...