A Plataforma pola Defensa do Monte, que preside Rafael Saco, deu a coñecer este mércores en Rianxo os detalles da demanda por responsabilidade civil presentada por cinco comunidades de montes do Concello contra a compañía eléctrica Naturgy e o seu mercantil de distribución e mantemento das liñas (Elecnor) respecto ao incendio forestal ocorrido os días 25 e 26 de marzo do ano pasado no municipio. A demanda rexistrouse nun Xulgado de Madrid o ter as empresas a súa sede na capital e agora estase á espera de asignación de Xulgado para a Instrución e que se admita a trámite en setembro. Os demandantes esperan chegar a un acordo antes de final de ano e, se se chega a xuízo, poida celebrarse en Semana Santa do próximo ano. A finalidade desta demanda non é económica, senón que se quer apostar por un modelo diferente de xestión do monte. Así a indemnización será destinada a repoboar o monte afectado e lograr medidas de mantemento e organización para evitar novos incendios.
As mais de 400 hectáreas queimadas, o seu acondicionamiento e limpieza elevan a demanda a 3.294.350 euros. Cinco comunidades de montes que presentan a demanda: Araño (onde arderon 10 hectáreas), Asados (48,77), Burés (91,73); Isorna (103,66) e Leiro (155,24). A elas unironse medio cento de particulares que viron queimadas eses días 174 propiedades dos concellos de Rianxo e Dodro.
O alcalde de Rianxo , Adolfo Muíños, anunciou que o Concello está pendente de coñecer a taxación dos danos provocados por ese incendio en 20 hectáreas de terreos municipais. E é que a administración local tamén actuará xudicialmente contra ambas empresas.
O presidente da plataforma, Rafael Saco sinalou que se trata de non aceptar a normalidade de que ou lume se repíta e de prantexar un modelo de xestión diferente non que as comunidades de montes teñan voz e protagonismo.