A Piscina Municipal de Rianxo confirma a súa reapertura para o 22 de xuño

19 Xuño 2020

O Concello de Rianxo confirmou que o 22 deste mes abrirá novamente a Piscina Municipal que, como lembraremos, ficou coas partas pechadas ao longo do período de emerxencia sanitaria, máis de tres meses sen poder acoller usuarios como consecuencia do Estado de Alarma. A empresa encargada da xestión do complexo deportivo, BeOne, reiniciará a actividade do mesmo logo de implantar múltiples protocolos medidas de seguridades e hixiene para adaptar o centro á “nova normalidade”.

O obxectivo de BeOne, en palabras da propia empresa, é “conseguir que o usuario siga gozando da mellor experiencia deportiva, pero con todas as garantías de saúde, seguridade e benestar”. Seguindo este compromiso, envorcou esforzos por adaptar as instalacións para “que estas cumprisen con todas as esixencias estatais, comunitarias e locais” e adoptou unha serie de protocolos propios encamiñados aos mesmos obxectivos.

Todas as medidas adoptadas nos centros deportivos que xestiona BeOne estiveron supervisadas e certificadas pola Cátedra do Deporte da Universidade Politécnica de Valencia. Entre as medidas adoptadas cabe destacar:

• O reforzo en hixiene limpeza e desinfección

• A toma de temperatura no acceso

• A renovación constante de aire e a desinfección continua de filtros de ventilación

• Os puntos de desinfección de calzado e mans

• O horario preferente para maiores de 65 anos

• O control de aforo para poder respectar sempre a distancia de seguridade mínima entre usuarios.

Para consultar todas as súas medidas, podemos acceder á web de BeOne, concretamente ao apartado onde se informa da volta á actividade.

BeOne compensará os servizos pagos e non gozados do mes de marzo e permitirá o acceso gratuíto dos seus usuarios que non se deron de baixa durante o peche ata o 1 de xullo.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.