A Fieiteira contará cunha nova instalación cun circuíto pump track para ciclistas, skaters e usuarios de patinetes

17 Xuño 2020

O Complexo Polideportivo da Fieiteira contará cunha nova instalación consistente nun circuíto pump track que se construirá nunha parcela anexa a estas instalacións coa fin de satisfacer as necesidades de ciclistas,
skaters e usuarios de patinetes.
Para cofinanciar a execución desta actuación o Concello vén de recibir unha achega de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, administracións Públicas e Xustiza, ao abeiro da orde de 12 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións para a creación ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2020.
A intervención subvencionada incluirá outras melloras por un
orzamento total de 88.349 euros, IVE incluído, do cal 40.000
corresponderá á citada achega autonómica.

De acordo co proxecto elaborado, o circuíto disporase nunha superficie de 800 metros cadrados. Contará cun trazado parecido a un boomerang con curvas comprendidas entre 70º e 170º e cinco rectas definidas por distintos obstáculos ata sumar unha lonxitude de corda total de 100 metros. Todo o percorrido manterá unha anchura de 1,80 metros.
As obras necesarias inclúen a limpeza e nivelación do terreo, canalizacións de auga, perfilado de obstáculos, revisión e proba do circuíto en terra, asfaltado, sinalización e acabado de zonas internas do trazado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.